a

All ideas streamlined into a single flow of creativity. Smiltė.

LA offices

Actividades 2019

Summa Poética

A Summa Poética é un encontro para a celebración da Eucaristía como fonte de inspiración de hermosos versos.

Lidos por xornalistas, voluntarios de diferentes organizacións, profesores, seminaristas… que poñen de manifesto que a Eucaristía que inspira a escritores tan distintos entre si, tamén pode ser compartida e disfrutada por lectores e público moi diversos. Desde os comezos da Summa Poética, o noso achegamento á poesía traduciuse nunha grata sorpresa para aqueles que viñan á Catedral a compartir ese momento de poesía, música e fe. Sorpréndenos escoitar como os grandes poetas da Literatura Galega e Española dedicaran extraordinarios versos ó Santísimo.

A explicación é moi sinxela pois con frecuencia os poetas expresan as vivencias do ser humano en momentos de angustia e dor, de rebelión interior e exterior. Nada calma a súa desazón, é máis, a realidade aproximaos a una falta de fe no futuro; e entón, refúxianse en Deus, a fonte da esperanza e o consolo.