a

All ideas streamlined into a single flow of creativity. Smiltė.

LA offices

Actividades 2019

Festival de Órgano

“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Lugano e Morbio Inferiore, e dous no norte de Italia, no centro de Milán e Saronno.

Os cinco festivais, ademais de compartir a dirección artística, teñen sobre todo en común a idea do Camiño de Santiago, declinada en múltiples aspectos e suxestións. Trátase en primeiro lugar dun camiño espiritual e litúrxico. De feito, os catro festivais musicais están marcados polo calendario litúrxico romano, no que se refire a Lugo, Lugano e Morbio Inferiore, e o calendario litúrxico ambrosiano, no que se refire a Milán e Saronno.

O Festival Organístico Lucense nace para solemnizar a festa do Corpus Christi nunha cidade tradicionalmente eucarística.