a

All ideas streamlined into a single flow of creativity. Smiltė.

LA offices

A catedral

A Custodia e a Catedral

A actual Catedral de Santa María, que é Patrimonio da Humanidade dende 2015, comezou a edificarse no ano 1129. Dende tempo inmemorial ten exposto permanentemente o Santísimo Sacramento no seu altal maior.

Este feito otórgalle o privilexio da Indulxencia plenaria, permanente e perpetua os fieis que cumpren cos requisitos establecidos. O día primeiro de marzo de 1669 no que a Xunta do Reino de Galicia, na Coruña, outorgou escritura favorable á petición do Ilmo. Cabido da Basílica lucense, coa finalidade de conseguir axudas para incrementar o alumeado no Altar Maior, onde está permanentemente exposto o Santísimo. Dende entón, nunca se interrompeu tan significativa tradición que se celebra o domingo seguinte á festividade do Corpus.

A construcción da catedral, que durou máis dun século, mestura diversos estilos tales como románico, gótico, barroco, neoclásico e renacentista. Resulta ser unha rara avis, posto que conta co privilexio da Exposición Continua, que non se ha de entender en calidade de ostensorio ou viril, senón no sentido natural da palabra: a Santa Hostia patente, desde hai séculos, á adoración dos fieis día e noite, de maneira ininterrompida.