a

All ideas streamlined into a single flow of creativity. Smiltė.

LA offices

350 anos

A Ofrenda

Este ano 2019, celébrase o 350 aniversario da institución da “Ofrenda ao Santísimo Sacramento” polo Antigo Reino de Galicia. Dende fai 350 anos, a Catedral de Lugo acolle a celebración da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado.

Cada ano, dende entón, e por orde rotatoria, os alcaldes das cidades que conformaban o Reino (Tui – Vigo, Mondoñedo, Santiago, Ourense, Lugo, Betanzos, A Coruña) presentaron esta Ofrenda. Este feito, que se ben ten un importantísimo trasfondo relixioso, é tamén signo da historia e a unidade do noso pobo. Na Ofrenda ó Santísimo Sacramento, que se realiza na Catedral de Lugo, pervive aínda hoxe a realidade do Antigo Reino, que conformou a monarquía hispánica e que tivo un inusitado esplendor no período medieval.

Na exposición perpetua do Santísimo Sacramento, na Capela Maior da Catedral de Lugo que a singulariza entre todas as catedrais españolas, está a orixe dos símbolos eucarísticos que aparecen no escudo e na bandeira de Galicia.